Hai tamén no rural outros Concellos nos que a emigración dos xoves converteunos en envoltorios ocos sostidos polo amor á terra dos seus maiores, pero que pouco a pouco van abandoando as súas aldeas ata convertelas en ruinas semellando ter un encanto pola morriña do que algún día foron.
Sen embargo existen outros Concellos que non aceptan este destino, sen vida propia para o rural, que loitan día a día polo seu fututo, que avanzan a base de promociona-lo emprego, de abrirse á innovación e de mellora-la calidade de vida dos seus veciños sen descuida-las tradicións conservando o seu patrimonio histórico e respetando o seu medio ambiente.
Señoras e señores, eu teño a fortuna de se-lo Alcalde dun destes Concellos: Paderne.
Un Concello capaz no traballo, capaz de vibrar na emoción de conserva-lo antigo e de innovar intelixentemente para ser de hoxe.
Un pobo no que os seus veciños, a forza de saber de onde vimos, sabemos perfectamente a onde vamos.
 |
|
| D.César Longo Queijo, Alcalde de Paderne |
|
|